"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

10 de mar. de 2020

AS REFUXIADAS: VÍTIMAS DE ACOSO SEXUAL DURANTE A SÚA VIAXE A EUROPA

AI  (Amnistía Internacional) falou con 40 mulleres; todas denunciaron que os traficantes, o persoal de seguridade ou outros refuxiados sometéranas a malos tratos físicos e explotación económica e que as habían manoseado para ter relacións sexuais con eles.
Mulleres e nenas refuxiadas sofren violencia, agresións, explotación e acoso sexual en todas as etapas da súa viaxe desde Siria e Iraq cara a Europa, mesmo cando están en territorio europeo, sen que gobernos e organismos de axuda humanitaria proporcionen sequera garantías básicas de protección a estas persoas, segundo denunciou este luns Amnistía Internacional (AI).Esta organización de dereitos humanos entrevistou o pasado decembro no norte de Europa a 40 mulleres e nenas refuxiadas que foran de Turquía a Grecia para despois cruzar os Balcáns. Todas dixeron sentirse ameazadas e inseguras durante a viaxe.Ademais, moitas denunciaron que, en case todos os países polos que pasaran, os traficantes, o persoal de seguridade ou outros refuxiados sometéranas a malos tratos físicos e explotación económica, habíanas manoseado ou as presionaban para que tivesen relacións sexuais con eles.
Le o artigo completo aquí.
Muchas mujeres denunciaron que las habían sometido a malos tratos, explotación económica y tocamientos y las habían presionado para mantener relaciones sexuales
Una iraquí de 22 años dijo a Amnistía Internacional que un guardia de seguridad uniformado en Alemania le ofreció vestimenta a cambio de pasar tiempo a solas con él.
"casos de niños que han mantenido sexo de supervivencia para pagar a los traficantes con el fin de continuar su viaje, bien porque no tenían dinero o porque habían sido robados"

Ningún comentario:

Publicar un comentario